esta página va con mozilla, pringaos! pasad del explorer.

Firefox Gratis

sábado, 8 de marzo de 2008

una batalla ganada en su momento

Dáme un intre que te vou ensinar a perder

xa non é
xa non é
xa non é

e a miña vida estala

e
miña vida
es tola
de todo

de todo o tola
que es
terás que dicir
que me queres a morte

axeónllate
aquí diante
e dime que me queres a morte
até a morte miña
até o meu finamento

chántate a túa terra
toda no pescozo
e di que me queres sempre

e fala baixiño
e agarda que se vaia a luz
e estrélate contra o teu orgullo
e improvisa estas verbas
estas mesmas verbas

afronta
o meu estilo
afronta
a miña vida

miña vida

12.-12.-12.-12.-12.-12.-

amigdalas
segregando
doas do sagrario
iluminado

non doe

12.-12.-13 amar odiar amar odiar
amar o día
amar o día
odia o día do amor
até que doa o amor á morte

din luz azul
dende o meu cuarto ollo
e escoitei un
modo de xogar coa inocencia
e o amor
tápame o entender
e doe

12.-12.-12.-13.-.-amar odiar

un can
tras a porta
un can tras a porta
aporta unha porta cun can
cancún tras a porta
e un can
de quenquén
e quérome ver morto

eu son a miña república
soviética
eu son o meu aire
virxe
eu son a miña propia
puta
eu son o que bate
no peito e no teito
ao mesmo tempo

négome a darlle saída
e choro porque non te quero
e non entendo que morras aquí
e boto de menos
e non durmo
e o corazón é
unha bomba incendiaria

12.-13.-12.-13.-13.-13.-12

amar
odiar

vives nunha ilusión
as metas son fantasías
alonxadas que te axudan a camiñar
e camiñar cansa
e descansas no esquecemento
e fuxes no sinxelo da noite
e mestúraste comigo
e eu fuxo
sempre
e collo un tren

odiar amar odiar amar

as túas vogais
as túas braguiñas
as túas mans na mañá pechada
de choiva
a fraternidade! a fraternidade!
a sociedade mírate
e di de ti
nada que ti non queiras que se diga

a vila é morena
o mar é pop
a area é de marihuana
deus é abertzale

12.-12.-12.-12.-12.- amar amar amar amar
o mar
o mar

un mal porco
tinto
un mal amigo
tinto
un mal futuro
tinto
un mal tinto
branco e tenro

a fin do condado
o condado da sorte
a sorte da forma núa
a vida incapaz

malos tempos

morre
e ámame
e deséxame
quéreme enteiro
con un trío
con unha escaleira de cor
quéreme coas corenta en espadas
deséxame co fóra de xogo
chora por min co renuncio máis alto
e dáme dúas letras

convencida irás
pola rúa abaixo
escoitando
rock e punk e metal
e sentirás todo isto
preto do peito
e pasarás de todo
e renunciarás a

12.-13.-13.-12.-

promulgaremos leis
ácratas
comungaremos
hostias satánicas
escoitaremos
á luz marchar tras de nós

e bailaremos ao son
cubano da felicidade

é agora
é hoxe
estalo vendo
mírate
busca onde mirarte
e vaite
correndo

12.-13.-13.-12.- amar odiar amar

o obreirismo fala de circunstancias
o ludismo obedece estes latexos
o banquete
tras
a
derrota
é lindo

as miñas veas son rusas
o alcol que corre por elas
es ti

e ti es rusa
coma as miñas veas

e son un vaqueiro
cuspo cemento
cuspo frangullas de paixón
mal
entendida

12.-13.-13.-
amar
odiar
amar
odiar

dáme a benvida
mátate para demostrarme o teu amor
desfigúrate
e faite eu
agora
ama o feito de ser eu
e faite eu
convírtete en min
morrendo agora
dáme a benvida
a ti mesma coa túa morte

amar e odiar
foi sempre ben sinxelo

non me considero ofensivo
non son eu
son ti
sempre
dentro de ti
nas miñas veas rusas
coas miñas leis ácratas
cunha escaleira de cor
cunha bomba incendiaria
batendo no teito
e no peito
ao mesmo tempo

de pira.blogia.com

una puta batalla ganada y nunca te lo había dicho

No hay comentarios: